1. Persoas destinatarias
Alumnado, PDI e PAS. No caso de que se chegue ao número mínimo de inscritos nalgún dos grupos, abrirase a inscrición para as persoas non universitarias ata completar o aforo do antedito grupo.
2. Procedemento de inscrición
- Realizar a pre-inscrición nesta web. En canto se chegue ao número mínimo de persoas necesario para conformar o grupo, estas recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa pre-inscrición e fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 horas.
- O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
- Unha vez alcanzado o número mínimo de persoas necesario para conformar o grupo, abrirase o prazo de inscrición para as persoas non universitarias.
3. Recoñecemento de horas ECTS
- As horas efectivamente realizadas recoñeceranse como horas ECTS ata un máximo de 60 horas por curso académico. Estas horas son incompatibles coas da pertenza ao equipo federado.
- Unha vez que remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar este certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.