1.- Entidade que presta o servizo: Buceo Illas Cíes
2.- Persoas destinatarias: Comunidade universitaria Uvigo e persoas extenas.
3.- Inscricións: As persoas farán primeiro unha pre-inscrición a través desta web. En canto se chegue ao número minimo de persoas necesario para conformar o grupo, as persoas que fixeran a pre-inscrición recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa reserva e fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 h.
4.- Transporte: Por conta das persoas usuarias.
5.- Punto de encontro: As persoas participantes presentaranse ás 16:00 h na Piscina Universitaria SOOM CDU Vigo do campus Lagoas - Marcosende. Nestes puntos de encontro realizarase o reparto do material e as explicacións teóricas sobre a actividade e os elementos básicos de seguridade.
6.- Información complementaria:
- Para esa actividade as persoas participantes deberán levar bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha. O resto do equipo facilitarao a empresa colaboradora.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maiores de 18 anos.
- Actividade desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con otite, sinusite ou perforación de tímpano, persoas con epilepsia, con episodios repetidos de perda de coñecemento, de neumotórax espontáneo ou quistes pulmonares. No caso e hipertensión e diabetes débese consultar co persoal técnico responsable da actividade.