1. Entidade que presta o servizo
Tierra y Mar
2. Persoas destinatarias
Comunidade universitaria UVigo e persoas externas.
3. Inscricións
As persoas interesadas teñen que facer primeiro unha pre-inscrición a través desta web. En canto se chegue ao número mínimo de persoas necesario para conformar o grupo, as persoas pre-inscritas recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa reserva e realicen o pagamento nun prazo máximo de 48 horas.
4. Transporte
Por conta das persoas usuarias.
5. Punto de encontro
O grupo terá que estar nas instalacións indicadas á hora concertada, onde se lles dará o material preciso e unhas pequenas nocións teóricas. A continuación comezará a práctica nunha zona próxima.
6. Horarios
Sábado a partir das 10.00 h. Indicarase previamente a cada participante a hora exacta da súa actividade. A actividade dura aproximadamente 20 minutos.
7. Información complementaria
- Para esa actividade, as persoas participantes deben levar bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha. O resto do equipo falicítao a empresa colaboradora.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maiores de 18 anos.
- Esta actividade está totalmente desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con patoloxías graves de costas ou pescozo, persoas con otite e persoas con luxacións de ombreiros ou xeonllos.