Proporcionar ao alumnado coñecementos e destrezas básicas para iniciarse no cultivo de cogumelos.
Coñecer cogumelos cultivables máis comúns, as súas metodoloxías de cultivo e a lexislación pertinente.
Adquirir habilidades no cultivo de cogumelos saprotróficos na contorna doméstica.
Analizar as posibles aplicacións derivadas do cultivo de cogumelos.
O obradoiro centrará-se no cultivo prático de varias especies de cogumelos de interese gastronómica. Para isto aportarán-se ao alumnado os coñecementos teóricos necesarios, así como todo o material preciso para desenvolver o cultivo nas instalacións da facultade de bioloxía, no laboratoria de botánica, coa guía do persoal docente do obradoiro.
A avaliación realizará-se mediante o seguimento da asistencia as clases teóricas e práticas do obradoiro. Elaboración dun proxeto de cultivo no que se recollan todos os parámetros de produción dunha especie de cogumelo saprotrófico.
HORARIO
Xoves de 16:00h a 18:00h.
13,20 e 27 de febreiro de 2020
5,12 e 26 de marzo de 2020
2 e 23 de abril de 2020
7 e 14 de maio de 2020
30 horas (20 presenciais e 10 de actividades)