ACTIVIDADE ADIADA ATA UNHA NOVA DATA AÍNDA POR DETERMINAR EN FUNCIÓN DA EVOLUCIÓN DA COVID-19.
1. Distancia
Inclúen varias rutas de diferentes distancias durante a fin de semana.
2. Dificultade
Baixa-media.
3. Notas específicas sobre a ruta
Despedimos o ano de rutas cunha fin de semana chea de actividades para coñecer o Parque Natural Serra Enciña da Lastra e o monumento das Médulas, recoñecido como Patrimonio da Humanidade dende 1997. A actividade inclúe aloxamento e manutención completa durante a fin de semana, varias rutas de sendeirismo, degustacións, visita a museos... e moitas sorpresas máis.
4. Inscricións
As inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. Aqueles menores de idade deberán ir acompañadas sempre dunha persoa adulta responsable.
5. Outra información xeral de interese
- Esta ruta recoñecerase con 15 h ECTS.
- Haberá autobuses para trasladar ás persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Bekas), Pontevedra (Praza de Galicia, n º 5) e Vigo (rúa do Areal, n º 46). As horas de saída exactas comunicaranse por correo electrónico o venres anterior a cada ruta, aínda que oscilarán sempre entre as 07.00 h e 09.00 h da mañá.
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas, agás a 4, as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blog http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.